lunes, 1 de octubre de 2012

As nosas creacións


A Aguia e a Toupa



Pasadas dúas semanas, a aguia seguía buscando comida e, de repente, viu catro coellos ao pé dunha sobreira. Un era branco, outro beis, outro gris e o último era  marrón pero distinto aos demais.

A aguia achegouse sixilosamente para ver que era o cuarto coello.

Mentres a aguia baixaba, os coellos  decidían onde ían a buscar comida.

Cando a aguia estivo o suficientemente cerca dos coellos, viu que o último coello non era un coello...Era a toupa da outra vez!

A aguia acercouse con coidado, pero os coellos virona e metéronse na tobeira, excepto a toupa.

- Vexo que nos volvemos a ver -dixo a aguia.

- Lémbrome desa voz...- dixo a toupa con medo-. Ti es esa aguia da outra vez!

A toupa intentou meterse na tobeira dos seus amigos coellos, pero a aguia impediuno.

-Vexo que segues sendo tan cobarde e tonta coma a última vez.

- Disme tonta a min, que conseguín enganarte!

- Si, e pola túa culpa perdín unha pouta!

- Acabouse! - dixo a aguia moi furiosa-. Non vou a perdoarche!

A aguia subiu tan alto que lle costaba respirar. A aguia preparouse e deixouse caer tan rápido que case non se vía.

A toupa esperou e...ZAS!!! Comezou a furar a terra e a aguia, como ía tan rápido, acabou por esnafrarse contra o chan.

 E non se volveu a ver á aguia polo bosque.

                                                                                  Autor: Abraham




No hay comentarios: