sábado, 18 de agosto de 2012

Técnicas de estudo

TÉCNICAS DE ATENCIÓN E CONCENTRACIÓN

Test: Estudas ben?

DECÁLOGO DO ESTUDANTE
  1. A clase vaise a traballar. O teu lugar de traballo no colexio é a clase.
  1. O bo estudante pregunta sempre o que non entende. O profesor está para axudalo con gusto.
  1. Na casa estudia sempre á mesma hora e no mesmo sitio.
  1. Para empezar a estudar tes que estar en boas condicións  físicas e mentais: motivado, descansado e concentrado.
  1. Utiliza para estudar os cinco días da semana de maneira regular. Os venres custa máis, pero pensa que quedarás libre do traballo durante a fin de semana.
  1. Adica ao estudo non menos de 90 minutos diariamente. Pero sempre ten en conta a túa capacidade e maneira de estudar.
  1. Ten preparado todo o material que necesites antes de empezar a estudar: libros, cadernos, libretas, papel, bolígrafo, dicionario...
  1. Ao empezar a estudar é importante, para concentrarte ben no traballo, decidir a hora de acabar o traballo que vas a realizar e cumprir o que tes previsto.
  1. Ten moi presente que estudar é un hábito e ata que non o teñas ben asimilado non podes facer excepcións. Tes que ser esixente contigo mesmo, non deixar as tarefas para máis tarde. Cun pouco de esforzo chegará un momento en que sentarte a estudiar serache tan familiar como as horas das comidas.
  1.  Importantísimo: Estuda o tempo recomendado cada día en lugar de estudar moito en poucos días.
Escribe as dúas accións do Decálogo que máis che custa cumprir. Pon todo o teu empeño en conseguilo.
Este curso conseguirei
Este curso tamén serei capaz de

Tradutor castelán-galego

TRADUTOR CASTELÁN- GALEGO

Espazo Abalar

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/recursos

Diccionario Real Academia Galega

http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do

Diccionario RAE

Diccionario

Corrector ortográfico L.G.

http://sli.uvigo.es/corrector/