miércoles, 17 de octubre de 2012

Noraboa!


Noraboa a  Abraham por ser o máis rápido en respostar á pregunta correctamente, xa que o medallista paralímpico ponteareán  que gañou dúas medallas  foi José Enrique Porto Lareo, e o seu guía foi José Antonio Villanueva Trinidad. 
Abraham, agora  xa podes poñernos a funcionar o noso cerebro. Ánimo !


martes, 2 de octubre de 2012

As nosas creacións

A aguia e a toupa
2ª Parte

Pasados tres días, a aguia estaba tan esquelética que non tiña forzas para cazar presa algunha . Un día viu a niñada de coellos que lle dixera a toupa e, sin pensalo dúas veces, tirouse en picado cara a niñada para cazar algún coello despistado que andara a coller froitos nos arbustos.
O coello, ao ver que a aguia se lle botaba por riba, liscou a súa tobeira. A aguia xa non sabía que facer.
- Ata o coello máis despistado escapa das miñas garras!
- Podes pasarte aos froitos.
- Quen es? Sae do teu escondite!
- Non podo, porque se non cómesme.
- Se saes e me dás unha solución para a miña fame prométoche que non te como.
Un pequeno coello saiu da tobeira e púxose frente a aguia e cun fiíño de voz dixo:
- Digo que podes pasarte aos froitos, mira, colle aquel froito do arbusto e próbao.
A aguia fixo o que lle dixo o coello.
- Pois, mmm…a verdade é que están bos, moitas grazas.
- Non é nada, por un compañeiro, o que sexa.
Ao día seguinte a toupa atopouse coa aguia mentres collía froitos no bosque.
- Perdóame, perdóame, non me comas sinto moito o que fixen…
-Perdoada estás.
- Queee…!
-Agora non son carnívora, son omnívora ! Pásome as tardes collendo froitos co meu amigo Teo, un coello moi simpático.
Desde entón os tres animais recollen froitos no bosque xuntos e son os que máis destacan no bosque.

                                                                                                    Autora: Nuria

lunes, 1 de octubre de 2012

As nosas creacións


A Aguia e a Toupa



Pasadas dúas semanas, a aguia seguía buscando comida e, de repente, viu catro coellos ao pé dunha sobreira. Un era branco, outro beis, outro gris e o último era  marrón pero distinto aos demais.

A aguia achegouse sixilosamente para ver que era o cuarto coello.

Mentres a aguia baixaba, os coellos  decidían onde ían a buscar comida.

Cando a aguia estivo o suficientemente cerca dos coellos, viu que o último coello non era un coello...Era a toupa da outra vez!

A aguia acercouse con coidado, pero os coellos virona e metéronse na tobeira, excepto a toupa.

- Vexo que nos volvemos a ver -dixo a aguia.

- Lémbrome desa voz...- dixo a toupa con medo-. Ti es esa aguia da outra vez!

A toupa intentou meterse na tobeira dos seus amigos coellos, pero a aguia impediuno.

-Vexo que segues sendo tan cobarde e tonta coma a última vez.

- Disme tonta a min, que conseguín enganarte!

- Si, e pola túa culpa perdín unha pouta!

- Acabouse! - dixo a aguia moi furiosa-. Non vou a perdoarche!

A aguia subiu tan alto que lle costaba respirar. A aguia preparouse e deixouse caer tan rápido que case non se vía.

A toupa esperou e...ZAS!!! Comezou a furar a terra e a aguia, como ía tan rápido, acabou por esnafrarse contra o chan.

 E non se volveu a ver á aguia polo bosque.

                                                                                  Autor: Abraham