lunes, 23 de febrero de 2015
ECLIPSE SOLAR
O vindeiro 20 de marzo terá lugar unha eclipse total solar que aínda que parcialmente se poderá ver en Galicia cunha importante magnitude. De feito, dado que a eclipse se inicia no Atlántico e pasa entre Islandia e as Illas Británicas para rematar no Polo Norte, será a galega a comunidade onde a Lúa oculte máis o Sol; concretamente na costa noroeste chegará a ocultarse máis dun 75% da superficie solar.
A eclipse do día 20 vai ser a máis importante en Galicia dende aquela espectacular anelar do 3 de outubro de 2005. Entón, aínda que a Lúa se situou xusto fronte ao Sol non o tapou completamente deixando un aro de luz solar arredor do satélite. Iso debeuse a que a Lúa estaba preto do apoxeo –máxima distancia a nós, tendo en conta que a distancia entre a Lúa e a Terra oscila entre 356.375 e 406.720 quilómetros
O procedemento máis seguro para observar unha eclipse solar é proxectando sobre unha superficie a imaxe producida por un pequeno telescopio ou cunhas gafas especiais , pero nunca mirar directamente o Sol e menos aínda observalo con prismáticos ou telescopios.
En relación a súa duración, calcúlase que comezará ás 9:05, e ás 10:09 aproximadamente poderase ver a maior ocultación do Sol.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario