Un virus malicioso
Un día, Xulio estaba investigando
sobre as plantas en Internet. Un virus que el non coñecía danou o ordenador, e
na páxina na que estaba lendo apareceu un botón vermello moi raro que puña “preme aquí”.
Xulio, impulsado pola orde do botón, pinchou nel, e saíulle unha conta atrás de
3 horas.
Xulio non
sabía que facer e fixouse en que o seu ordenador estaba danado por un virus moi
prexudicial. Xulio procurou en Internet as características deste, e atopouse
con que era un virus programado polas organizacións máis maléficas do mundo. Só
había que premer no botón no que el pinchara e a conta atrás da destrución do mundo comezaría.
Xulio buscou na Internet a dirección da Asociación Malvada que creara aquel
virus. O neno foi ao lugar indicado e alí os malvados dixéronlle que se quería
eliminar a conta atrás tiña que convencer ao Alcalde de que lles deixara tocar
música gratis na rúa.
Xulio foi
correndo á casa do Señor Alcalde e fixoll a proposta dos malvados señores. O Alcalde aceptou a proposta. Ao final, todos quedaron felices e o mundo así
estaría a salvo.
Autora: Sheila
Inter crea internet
Inter crea internet
Nunha
cidade que estaba moi lonxe de aquí, vivía un neno chamado Inter.
Inter, non
sabía que ía ser de maior, non sabía cociñar, nin coser, nin
debuxar…O único
que facía era inventar cousas:
No
inverno collía a lá das ovellas da casa da súa avoa e facía
gorros con ela, que Naquela época non existían.
No
outono, collía uns cantos paus e un pouco de corda, e os unía de
tal xeito que servía para recoller as follas que caían das árbores
da súa finca, a este invento chamouno rastrexo.
E no
verán en vez de facer cubos de xeo, collía os amorodos do xardín
do seu avó e os exprimía para logo conxelalos; a isto chamouno
xeado.
Co paso
dos anos, Inter creceu e a tecnoloxía avanzou moito...
O seu
profesor sempre lle mandaba facer traballos nos que precisaba ir á biblioteca; pero a súa familia non tiña coche e Inter sempre tiña
que ir andando dous quilómetros para chegar.
Tivo que
ir andando todo o curso ata a biblioteca. E cando chegou o verán
regalaronlle polo seu cumpleanos un aparato chamado ordenador. Cando
o probou, non sabía que facía; pero puido comprobar que servía
para facer contas e para escribir.
- E se
fago un programa que serva para buscar información no lugar de ter
que ir sempre a biblioteca?
E despois
de moito esforzo, a principios do ano 1982, conseguíu o seu
obxectivo: fabricar internet.
Grazas a
Inter, moitos nenos aforraron moitísimo tempo en ir a biblioteca
desde tan lonxe. E grazas a axuda de moitas persoas que o axudaron,
internet avanzou moitísimo máis, de modo que empezou a servir, a
parte de para búsquedas, para entretenemento, para compartir
información, ler o xornal, mercar produtos e moito máis!
Autora. María
Un día na internet
Saúl era un neno que lle gustaba moito xogar ao ordenador. Unha vez xogando con el a un xogo de carreiras, o ordenador absorbeu a Saúl e meteuse dentro da Internet.
Alí había
moitos caixóns, arquivos, videos, xogos, fotos e una cruz vermella xusto arriba
á dereita, a cal era a súa salvación.
Saúl
apareceu xusto no centro da pantalla y para chegar alí precisaba de moito
traballo e dedicación.
Pero ao
chegar ao E de GOOGLE, Saúl encontrou una pista clave. Esta pista dicía que
había un atallo xusto na barra da búsqueda. Entón Saúl foi ata alí. Pero
resulta que esta era un edificio e tiña a porta pechada. Saúl pensou como
entrar, cando de súpeto viu una xanela o suficientemente baixa como para
escalarla.
Saúl, un
neno áxil, conseguiu sorteala. Ao entrar no edificio viu un cartel que puña
“ATALLO”. El baixou por alí e nuns cinco minutos chegou á cruz.
Ao chegar
alí, sentouse enriba do botón e o propio ordenador devolveu a Saúl á
normalidade.
Autor: Iñaki
Navegando por
internet
Un día dúas irmáns chamadas Amara e María estaban buscando información en internet sobre un actor moi coñecido para un traballo do colexio que lles mandou a súa mestra.
-Non,eu creo que primeiro hai que poñer as obras que fixo -dixo
María.
E pelexando polo rato entraron sen querer
nunha páxina web.
- Pero Amara que fixeches? - dixo María.
-Eu non fixen nada, foches ti! - dixo Amara.
-Bueno, dá igual.Hai que mirar como podemos saír de aquí. - dixo
María convencida.
-Espera María,non o quites,mira o que pon! -dixo Amara.
Nesa páxina web poñía:
Non
navegues en internet por páxinas que non coñezas, sin a supervisión.
Con
esta páxina web aprenderás como navegar ben en internet.
Ao acabar de ler o que poñía dixeron:
-María,que che parece se en vez de buscar información en internet imos a
biblioteca do colexio e buscamos alí,seguro que encontramos máis información - dixo
Amara.
-Vale,niso si que estou de acordo - dixo María.
Autora: Tatiana