martes, 31 de enero de 2017

AS NOSAS CREACIÓNS


Un virus malicioso



Un día, Xulio estaba investigando sobre as plantas en Internet. Un virus que el non coñecía danou o ordenador, e na páxina na que estaba lendo apareceu un botón vermello moi raro que puña “preme aquí”. Xulio, impulsado pola orde do botón, pinchou nel, e saíulle unha conta atrás de 3 horas.


Resultado de imagen de dibujo con internetXulio non sabía que facer e fixouse en que o seu ordenador estaba danado por un virus moi prexudicial. Xulio procurou en Internet as características deste, e atopouse con que era un virus programado polas organizacións máis maléficas do mundo. Só había que premer no botón no que el pinchara e a conta atrás da destrución do mundo comezaría. 

Xulio buscou na Internet a dirección da Asociación Malvada que creara aquel virus. O neno foi ao lugar indicado e alí os malvados dixéronlle que se quería eliminar a conta atrás tiña que convencer ao Alcalde de que lles deixara tocar música gratis na rúa.

Xulio foi correndo á casa do Señor Alcalde e  fixoll a proposta dos malvados señores. O Alcalde aceptou a proposta. Ao final, todos quedaron felices e o mundo así estaría a salvo.
                                                                       Autora: Sheila
Inter crea internet

Nunha cidade que estaba moi lonxe de aquí, vivía un neno chamado Inter.
Inter, non sabía que ía ser de maior, non sabía cociñar, nin coser, nin debuxar…O único que facía era inventar cousas:

No inverno collía a lá das ovellas da casa da súa avoa e facía gorros con ela, que  Naquela época non existían.

No outono, collía uns cantos paus e un pouco de corda, e os unía de tal xeito que servía para recoller as follas que caían das árbores da súa finca, a este invento chamouno rastrexo.

E no verán en vez de facer cubos de xeo, collía os amorodos do xardín do seu avó e os exprimía para logo conxelalos; a isto chamouno xeado.

Co paso dos anos, Inter creceu e a tecnoloxía avanzou moito...

Resultado de imagen de biblioteca dibujoO seu profesor sempre lle mandaba facer traballos nos que precisaba ir á biblioteca; pero a súa familia non tiña coche e Inter sempre tiña que ir andando dous quilómetros para chegar.


Tivo que ir andando todo o curso ata a biblioteca. E cando chegou o verán regalaronlle polo seu cumpleanos un aparato chamado ordenador. Cando o probou, non sabía que facía; pero puido comprobar que servía para facer contas e para escribir.

Imagen relacionadaNese momento, a Inter ocorreuselle unha idea:
- E se fago un programa que serva para buscar información no lugar de ter que ir sempre a biblioteca?

E despois de moito esforzo, a principios do ano 1982, conseguíu o seu obxectivo: fabricar internet.


Grazas a Inter, moitos nenos aforraron moitísimo tempo en ir a biblioteca desde tan lonxe. E grazas a axuda de moitas persoas que o axudaron, internet avanzou moitísimo máis, de modo que empezou a servir, a parte de para búsquedas, para entretenemento, para compartir información, ler o xornal, mercar produtos e moito máis!
                                                                                     
Autora. María 


Un día na internet

Saúl era un neno que lle gustaba moito xogar ao ordenador. Unha vez xogando con el a un xogo de carreiras,  o ordenador absorbeu a Saúl e meteuse dentro da Internet.
Resultado de imagen de dibujo niño dentro ordenador
Alí había moitos caixóns, arquivos, videos, xogos, fotos e una cruz vermella xusto arriba á dereita, a cal era a súa salvación.
Saúl apareceu xusto no centro da pantalla y para chegar alí precisaba de moito traballo e dedicación.

Pero ao chegar ao E de GOOGLE, Saúl encontrou una pista clave. Esta pista dicía que había un atallo xusto na barra da búsqueda. Entón Saúl foi ata alí. Pero resulta que esta era un edificio e tiña a porta pechada. Saúl pensou como entrar, cando de súpeto viu una xanela o suficientemente baixa como para escalarla.

Saúl, un neno áxil, conseguiu sorteala. Ao entrar no edificio viu un cartel que puña “ATALLO”. El baixou por alí e nuns cinco minutos chegou á cruz.
Ao chegar alí, sentouse enriba do botón e o propio ordenador devolveu a Saúl á normalidade.
                                                                    
                            Autor: Iñaki

Navegando por

internet

Un día dúas irmáns chamadas Amara e María estaban buscando información en internet sobre un actor moi coñecido para un traballo do colexio que lles mandou a súa mestra.

Resultado de imagen de dibujo niño dentro ordenador-Que che parece se buscamos primeiro no ano en que naceu? -dixo Amara.
-Non,eu creo que primeiro hai que poñer as obras que fixo -dixo María.

E pelexando polo rato entraron sen querer nunha páxina web.

Pero Amara que fixeches? dixo María.
-Eu non fixen nada, foches ti! dixo Amara.
-Bueno, dá igual.Hai que mirar como podemos saír de aquí. - dixo María convencida.
-Espera María,non o quites,mira o que pon! -dixo Amara.

Nesa páxina web poñía:

Non navegues en internet por páxinas que non coñezas, sin a supervisión.
Con esta páxina web aprenderás como navegar ben en internet.

Ao acabar de ler o que poñía dixeron:

-María,que che parece se en vez de buscar información en internet imos a biblioteca do colexio e buscamos alí,seguro que encontramos máis información dixo Amara.
-Vale,niso si que estou de acordo - dixo María.

                                                              Autora: Tatiana